Lagoa, en Alfoz, celebrará as festas na honra a Santiago e Santa Ana
AMariñaXa
En Lagoa, Alfoz, celébranse os días 23, 24 e 25 deste mes de xullo as festas na honra a Santiago Apóstolo e San Ana.
16 Xul 2022
En Lagoa, Alfoz, celébranse os días 23, 24 e 25 deste mes de xullo as festas na honra a Santiago Apóstolo e Santa Ana.
O sábado 23, ás 21.00 horas, terá lugar unha torreznada, chourizada e sardiñada amenizada polo dúo Merengue e o trío Lembraza
O domingo 24, ás 13.00 horas, celebrarase a misa solemne seguida de procesión. Haberá tamén sesión de música co grupo Lume que tamén porá a nota musical á verbena da noite xunto coa discoteca móbil Pisando Fuerte.
O luns 25, ás 13.00 horas, volverá o oficio relixiosocoa procesión e a sesión vermú co dúo Muralla.
Esta festa está organizada pola comisión de festas de Lagoa, e colaboran a Asociación de Veciños San Vicente de Lagoa, o Concello de Alfoz e a Deputación de Lugo.