La Porteña Tango recalará en Ribadeo en abril
La Porteña Tango recalará no auditorio Hernán Naval de Ribadeo o 2 de abril ás 20.00 horas. Contan con 13 anos de traxectoria e case 700 concertos realizados nos escenarios de 20 países en catro continentes vístese de gala para presentar un novo show, un espectáculo moderno e renovado onde se entrelazan a música, a danza e as historias que van desde as emocións máis profundas, á picardía e o humor. Lembrando que o Tango Arxentino é unha música popular e próxima ao público de todas as idades, afastándoo dos clichés e lugares comúns.
Así, convídanos a pasear por un longo e sinuoso carreiro que percorre a historia dunha música que naceu humildemente nos suburbios e portos do Río da Prata e transcendeu ao mundo por forza propia case sen nin propoñerllo. Os integrantes da Porteña nunca esqueceron eses preceptos fundamentais e nas súas presentacións os vellos clásicos do xénero conviven cos sons máis modernos, a desvergoña, as novas harmonías e a vangarda das composicións do xenio Astor Piazzolla a quen lle dedica unha parte do seu novo show especialmente, debido ao centenario do seu natalicio.