La loka historia de la doutora Frankenstein chega a Vegadeo

AMariñaXa
O venres 30 de setembro no Auditorio Félix Menéndez poderase desfrutar da obra La loka historia de la doutora Frankenstein
teatro vegadeo la loka historia de la doutora 1
22 sep 2022

O venres 30 de setembro no auditorio Félix Menéndez poderase desfrutar da obra La loka historia de la doutora Frankenstein, un espectáculo a cargo de ACAR Teatro del Mundo.

Esta obra recibiu unha Residencia de Produción do Programa de Artes Escénicas en Residencia de Laboral Ciudad da Cultura e será a partir das 18.00 horas.

Igor e Monstry chegan ao castelo da familia Frankenstein despois dunha longa viaxe en busca dunha fórmula que devolva á Doutora ao seu estado natural. Un espectáculo desopilante, tenro e inesperado, que gustará a todo o público e non deixará indiferente a ninguén.

teatro vegadeo la loka historia de la doutora
0.11232686042786