'La Administración cerca de ti' estará no Vicedo o día 14
AMariñaXa
O xoves 14 de marzo celébrase unha nova edición das charlas 'La Administración cerca de ti' onde persoal da Subdelegación do Goberno ofrecerá información sobre os trámites e xestións máis habituais que se poden facer co certificado dixital, a clave permanente, etc.
9 Mar 2024
O xoves 14 de marzo celébrase unha nova edición das charlas 'La Administración cerca de ti' onde persoal da Subdelegación do Goberno ofrecerá información sobre os trámites e xestións máis habituais que se poden facer co certificado dixital, a clave permanente, etc. e van axudar a instalar o certificado dixital nos vosos dispositivos no momento, evitando ter que desprazarse para telo instalado.
Para axilizar a xornada, e evitar longas esperas, van habilitar quendas no horario de 10.30 a 13.30 horas. Cada persoa vai ser atendida durante, aproxidamente 10 minutos.
Para anotarse hai chamar xa ao 982 590 1 95.