Kiko Rey recibe en Viveiro o Premio ao Mérito Deportivo de Galicia 2024

AMariñaXa
O exfutbolista recolleu o recoñecemento da Xunta tras non poder asistir ao acto oficial celebrado en Ourense
IMX-Entrega-da-distincion-ao-mérito-deportivo-de-Galicia-2024-a-Kiko-Rey-(2)
23 Apr 2025

O exxogador profesional Francisco “Kiko” Rey García foi homenaxeado este mediodía no Concello de Viveiro coa entrega oficial do Premio ao Mérito Deportivo de Galicia 2024, unha distinción outorgada pola Xunta de Galicia no pasado mes de marzo. A pesar de non poder estar presente na gala celebrada o 26 de marzo en Ourense, o recoñecemento chegoulle hoxe da man da alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, e do xefe do servizo de Deportes da Xunta en Lugo, Manolo Cadramón.

Natural da Mariña, Kiko Rey é unha figura destacada do fútbol galego, tanto pola súa traxectoria nos principais equipos da comunidade como pola súa etapa en clubs doutros puntos do Estado. Tras colgar as botas no Viveiro CF, o equipo da súa terra, Kiko defendeu as cores do Racing de Ferrol, CD Lugo, CD Ourense, e tamén militou en clubs como o Salamanca, onde xogou en Primeira División, ademais do Eibar ou o CD Logroñés.

A entrega do galardón serviu como recoñecemento á súa extensa carreira no mundo do fútbol e ao seu papel como referente deportivo para as novas xeracións. A alcaldesa destacou “a humildade e dedicación dun xogador que levou con orgullo o nome de Viveiro por todo o país”.

⚙ Configurar cookies
0.15569305419922