Kiko Muñoz de Alas de Vida de Burela estivo na carreira Colina Triste

AMariñaXa
Burela estivo presente na carreira Colina Triste grazas á participación de Kiko Muñoz, da asociación Debra Alas de Vida
foto recepcion alas de vida burela
13 Aug 2021

Burela estivo presente na carreira Colina Triste, entre Soria e Burgos, grazas á participación de Kiko Muñoz, da asociación Debra Alas de Vida, que acompañou a Borja Gómez, coñecido ciclista galego con síndrome de down. O Concello quixo recoñecer a súa labor coa celebración dunha recepción.

Kiko Muñoz explicou que “foi un recibimento que lle fixeron no Concello a Borja Gómez, que é un mozo con síndrome de down de Ponteareas, que é moi coñecido no mundo ciclista porque representa un exemplo de integración e de inclusión das persoas con diversidade funcional no mundo do deporte. Foi unha honra para nós poder contar con el na carreira de Colina Triste representando á asociación Alas de Vida e foi unha pequena homenaxe que lle quixo render o Concello de Burela a este deportista. Eu tamén me levo a satisfacción persoal de poder compartir a experiencia con el. Trátase de fomentar a integración destas persoas. Para min é moi gratificante poder exercer de apoio deste mozo e gozar do seu amizade”.  

Muñoz, da asociación Debra Alas de Vida, valorou o apoio que reciben as súas iniciativas, tanto a nivel particular como institucional: “por regra xeral noto moi boa acollida por parte da sociedade e das institucións, pero é un labor complicado e duro. Leva por unha banda o esforzo, o sacrificio persoal e o tempo que podes roubar á túa familia. Logo recibir negativas e a indiferenza en ocasións resulta un pouco desesperanzadora, pero en liñas xerais a resposta é boa. Na Mariña a acollida que tivo a nosa asociación Pel de Bolboreta foi fantástica, é un labor complicado pero gratificante”. Pero considera que aínda queda moito por facer: “claro que queda moito por facer, isto é unha batalla eterna, a calidade de vida desta xente temos que tratar de levala se cadra posible. Encima estes dous anos coa pandemia para a asociación foi moi complicado polo tema económico, ao estar co confinamento as tendas solidarias tiveron que estar pechadas, que era unha das bases principal de sustento económico xunto coa organización de eventos. Segue quedando camiño por facer e non cejaremos nunca no empeño”. 

O edil burelés contou que “vimos de facer unha recepción a Kiko e a Borja. Kiko é sobradamente coñecido aquí en Burela, é un dos artífices de Alas de Vida e está moi implicado no tema social coa asociación Debra, que traballa para mellorar a calidade de vida e os tratamentos para persoas con enfermidades como a pel de mariposa. Kiko sempre nos ven pedir colaboración para todas estas accións que fai e desde logo, tendo en conta que máis aló do deporte é un tema social, sempre estamos dispostos a colaborar con el”. 

Ramiro Fernández engadiu: “neste caso veunos presentar un proxecto para participar con Borja para ir correr a unha proba que chamada Colina Triste, que se desenrola entre Soria e Burgos, e que está avalada pola Unión Ciclista Internacional. Despois desa carreira fixémoslles un pequeno recoñecemento tanto a Kiko como a Borja por esa labor que vai máis aló do deporte, é un tema social, e o Concello, dentro das súas posibilidades, vai estar apoiando todo este tipo de proxectos. Queremos agradecerlle a Kiko todo o seu traballo e a Borja tamén o seu empeño en practicar deporte pese ás súas dificultades. Dicir que o Concello de Burela intenta apoiar todas as iniciativas deportivas e se aínda encima van unidas ao ámbito social con máis cariño nos ofrecemos a esa axuda. Neste caso a axuda foi a promoción turística de Burela no seu maillot e realmente estamos contentos do resultado e do traballo de Kiko que sabe que nos ten á súa disposición para todo aquilo no que lle poidamos axudar”.

0.1853199005127