Katarsis Teatro achegará a Burela a súa obra Pa cama
AMariñaXa
O sábado 5 de febreiro, ás 18.00 horas na casa da cultura, actuará Kátarsis Educación e Teatro que presentará o espectáculo infantil Pa cama.

2 Feb 2022
O vindeiro sábado, 5 de febreiro, ás 18.00 horas na casa da cultura, actuará Kátarsis Educación e Teatro que presentará o espectáculo infantil Pa cama.
Esta actuación está dirixida a nenos e nenas de 1 a 5 anos e o prezo da entrada é de 2,5 euros.
Por outra banda, dende o Concello informaron que a programación cultural do Concello de Burela rematará este mes de febreiro o día 27 co desfile de Entroido e co concurso de disfraces.