Julio López Quiroga será o pregoeiro da XXXVIII Feira do Bonito de Burela

AMariñaXa
Arte, deporte e música serán o complemento perfecto a dúas xornadas gastronómicas dedicadas a ensalzar o Bonito de Burela
2022 feira-do-bonito-2022-comezo-1
14 Xul 2024

Aa Feira do Bonito de Burela ten o programa de actividades pechado. Arte, deporte e música serán o complemento perfecto a dúas xornadas gastronómicas dedicadas a ensalzar o Bonito de Burela, o Príncipe Azul do Cantábrico. E non só o produto en sí, senon tamén un modo de vida e a historia da flota boniteira de Burela.

Así, o pregoeiro desta XXXVIII Feira do Bonito será Julio López Quiroga, quen se define a si mesmo como "un namorado do seu pobo e sempre, sempre, formalmente informal" Julio, nun intenso traballo de campo, recopilou datos para recordar; o seu amigo e socio Santiago Martínez, cociñeiro e profesor da materia, complementou ese traballo con saborosas receitas; e xuntos cociñaron un libro que se degusta páxina a páxina.

A campaña 'Para bonito eu' será presentada ao público en Produart o 2 de agosto, e estará dispoñible para a sua compra nos días da Feira. Produart comparte espazo e datas de celebración coa Feira do Bonito (un día máis), está adicada aos produtos ecolóxicos e artesanos e está organizada pola Fundación Expomar.

"Dende Ledicia sentímonos moi agradecidos porque os autores pensasen en nós como escaparate do libro, e así como Julio (O carrocho) vai ser o pregoeiro, Santiago (Santi do PubTotal) vai colaborar coa organización na elaboración dunha tapa que se poderá degustar o domingo, ao igual que o marmitako.

0.17716693878174