José Manuel González, Brais: “Tras catro anos da última feira, esta é a edición máis esperada“
Por Ana Somoza López.
Este ano celébrase a XIX Feira monográfica naútico-pesqueira que engloba as XXX Xornadas técnicas e o XXIV Encontro empresarial. Que novidades haberá no programa?
Este ano hai algunha novidade con respecto a edicións anteriores. Empezando polas datas de apertura e peche da Feira, pois este ano comeza un mércores e remata un Sábado cando antes comezaba un xoves e remataba en domingo. Este cambio debese a demandas dos expositores, con intención de facer unha feira mais profesional.Tamén aumentamos o espazo de exposición chegando os 5.000M2.
Ademais das XXTT, e do Encontro empresarial este ano celebrarase igual que en 2019 unha reunión do Consello Galego presidido pola Conselleira do Mar Rosa Quinta, será o mércores 10 as 17.00 no salón de actos de Absa. Durante os días de celebración da Feira estarán atracados o porto de Burela dúas importantes embarcacións que farán xornada de portas abertas. O Buque de Salvamento da Sociedade de Salvamento Marítimo Sar Gavia, de 40 metros de eslora e a Patrulleira da Garda Civil Río Luna de 35 metros de eslora e construída recentemente no estaleiro burelés de Armón.
O venres 12 de maio as 17.00, no salón de actos da Confraría de Pescadores presentarase o documental Morabeza un documental que conta a historia de dous pobos, o Caboverdiano e o Burelao , capaces de deixar de lado as súas diferenzas como individuos para a través do traballo duro do mar manter a súas familias. Morabenza esta dirixida polo burelao David Món premiado recentemente con un premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.
E xa por último o sábado 13 de maio no acto de Clausura farase un recoñecemento público a Confraría de Pescadores de Burela con motivo do seu 100 Aniversario.
De que tratarán este ano as Xornadas técnicas?
As Xornadas dividímolas en dous bloques. Un que tratara temas de Xestión Pesqueira e que se celebrara o xoves 11 de maio as 17.00 horas no salón de actos da Confraría onde se abordara dende a nova lei de Pesca, as estratexias globais de pesca, a política pesqueira Europea ou a Eólica Mariña. Nesta xornada participarán representantes da SGP, Javier Garat Secretario Xeral de Cepesca, Daniel Voces de Europeche, Jacopo Pasquero Asesor de Asuntos internacionais EBCD e a Catedrática de Dereito Administrativo da UdC.
O venres 12 de maio as 10.30 tamén no salón de actos da Confraría será unha xornada de socio economía, onde se analizaran temas como as novidades na protección social dos traballadores do Mar, o impacto sociolaboral da pesca, o entorno socioeconómico e a reputación do sector primario ou os beneficios do consumo do peixe para a nosa saúde.
Participarán nesta xornada o director xeral de pesca, acuicultura e innovación tecnolóxica da Consellería do Mar, Antonio Basanta que fará de moderador; a directora do Instituto Social da Mariña, Elena Martínez, o representante de Pesca en Europa de CCOO, Juan M. Trujillo e Federico Mallo Catedrático, de Endo crinoloxía da Universidade de Vigo. Tamén estará Carlos Buxadé Doctor, Catedratico e Profesor emérito da Universidade Politécnica de Madrid co seu relatorio “La actual ECO socio-económico de la pesca extractiva en Europa”.
Que se poderá facer no Encontro empresarial?
O Encontro empresarial é unha actividade complementaria dentro da Feira, actividade que a diferenza da Feira realizase tódolos anos dende o ano 2000. Aquí reúnense as entidades representativas da frota galega e outras asociacións estatais. Analizan a situación, acordan un documento de conclusións e propoñen solucións. Eses acordos son feitos públicos e transmitidos despois as distintas administracións implicadas no sector.
Falarase do veto á pesca de fondo por parte de Bruxelas?
Si, na primeira Xornada Técnica onde se abordaran temas de xestións pesqueira participan expertos coñecedores da política pesqueira Europea e sen dúbida trataran o tema.
Esperase unha gran afluencia?
Despois de catro anos da última feira, debido a pandemia da covid-19, pódese dicir que esta é a edición máis esperada. As empresas teñen importantes novidades e avances tecnolóxicos que presentarán en esta edición. O sector esta en constante transformación e necesitan coñecer as novidades para adaptarse as súas necesidades.