José Manuel Gómez Puente asume a presidencia da xestora do PP de Barreiros

AMariñaXa
O Partido Popular acaba de nomear presidente da xestora do PP de Barreiros a José Manuel Gómez Puente, traballador do Sergas
20 Out 2022

O Partido Popular acaba de nomear presidente da xestora do PP de Barreiros a José Manuel Gómez Puente, traballador do SERGAS que leva anos exercendo como enfermeiro no Centro de Saúde de Barreiros, actual voceiro do grupo municipal popular en Barreiros e deputado provincial na Deputación de Lugo. Este nomeamento xurde tras o consenso entre os afiliados co coordinador xeral, José Manuel Balseiro Orol, nunha reunión celebrada onte coa dirección provincial.

O novo presidente da xestora agradece aos afiliadios e a dirección do partido a confianza e o apoio que lle amosaron. Ademais, Gómez Puente  sinala que o súa labor terá como liña principal traballar en positivo por Barreiros e mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños de Barreiros. Proximamente a xestora dará a coñecer o seu equipo de traballo que a compoñerá un formación sólida para dar unha alternativa ao goberno local. 

0.1397750377655