José de Cora, Roberto Díaz e Pepe Tejero presentan o seu libro en Cervo

AMariñaXa
O Concello de Cervo acollerá a presentación do libro Talismáns, Enciclopedia máxica de Galicia de José de Cora, Roberto Díaz e Pepe Tejero este xoves, 1 de agosto.
casa-da-cultura-cervo-san-ciprian
30 Xul 2024

O Concello de Cervo acollerá a presentación do libro Talismáns, Enciclopedia máxica de Galicia de José de Cora, Roberto Díaz e Pepe Tejero este xoves, 1 de agosto. Será ás 20.30 horas na Casa da Cultura, en San Ciprián

A peza ofrece unha mirada completa á intersección entre tradición, cultura, historia, fe e natureza que define a identidade de Galicia. O inicio desta obra remóntase a 1992 e rematou en novembro do pasado ano. Os autores percorreron durante o proceso toda a xeografía galega, documentando 'talismáns' e recompilando historias vencelladas a eles, algunha moi interesante relacionada coa nosa serea máis internacional: A Maruxaina

0.19104599952698