José Antonio Álvarez Vidal tomou posesión como novo presidente de Portos de Galicia

AMariñaXa
José Antonio Álvarez Vidal tomou posesión como novo presidente de Portos de Galicia ente dependente da Consellería do Mar
20230704 toma posesion presidente Portos 2
4 Xul 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu a toma de posesión de José Antonio Álvarez Vidal como novo presidente de Portos de Galicia, ente dependente da Consellería do Mar que xestiona os 122 portos de titularidade autonómica existentes na comunidade. Por iso, no acto participou tamén o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que desexou a este ferrolán a maior das sortes na súa singradura á fronte deste organismo vital para o desenvolvemento económico das zonas costeiras e a xeración de emprego e riqueza nelas.

José Antonio Álvarez, que releva no cargo a Susana Lenguas, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e completou a súa formación universitaria cun Máster en Recursos Humanos da Universidade Pontificia de Comillas. Nos últimos anos foi xefe territorial na Coruña da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, cargo que desempeñara anteriormente no mesmo departamento, pero con outra denominación como consecuencia das distintas remodelacións do Executivo galego. O novo presidente de Portos prometeu na súa toma de posesión compromiso e traballo intenso para seguir impulsando os peiraos galegos e mellorando a vida de todas as xentes da Galicia costeira.

0.14639592170715