Jaime Olano será o número 2 do PP por Lugo e Barreiro repite na lista do Senado
O Partido Popular da provincia de Lugo tamén deu a coñecer a lista de candidatos ao Congreso e ao Senado. Xa se sabía que liderararía a lista o ex conselleiro Francisco Conde. Agora o PP anunciou que o acompañarán na lista, Jaime de Olano, que foi o candidato nas anteriores eleccións.
Como número tres o PP aposta por Cristina Abades, que fue responsable de Política Social na Xunta e concelleira en Lugo. De cuarta está Mercedes Rodríguez Moreda, exdirectoral xeral e membro da candidatura de Castiñeira por Foz.
Como suplentes figuran Alberto García, Monserrat Seijo, Sagrario Sánchez, Carlos Vázquez y Mar Carballas.
En canto ao Senado, o primeiro na lista é José Manuel Barreiro, que se mantén tras varios anos. Incorpórase de número dous al alcaldesa de Guntín María José Rodríguez e pecha a lista o exalcalde de Portomarín Juan Serrano.
Entre los suplementes están Quique Rozas, Sara Ruíz, José Manuel Balseiro, Cristina Fernández, Manuel Rouco e Paula Gesto.
"Os candidatos do Partido Popular pola nosa provincia ao Congreso e ao Senado nas eleccións xerais do vindeiro 23X son persoas con extensa traxectoria política e con experiencia en xestión, tal e como defende o proxecto que lidera Alberto Núñez Feijóo. Non dubidamos de que traballarán para defender os intereses dos lucenses e contribuirán ao cambio dende Lugo", explican dende o partido.