Isla LeTriska achegará a Burela un espectáculo familiar de novo circo e humor

AMariñaXa
Isla LeTriska chegará a Burela o venres 27 de agosto para representar ás 20.30 horas na praza da Mariña un espectáculo familiar
isla triska espectaculo 1
24 Ago 2021

Isla LeTriska chegará a Burela o venres 27 de agosto para representar ás 20.30 horas na praza da Mariña un espectáculo familiar de novo circo e humor. Un número delirante no que combina novas disciplinas circenses como o malabarismo, o pallaso ou o equilibrio xunto con excentricidades e xogos co público.

Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprenderá a todos realizando fazañas como malabares incribles, memorizando centos de nomes, dando novos usos a obxectos cotiáns ou convertendo a un neno nun gran artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobre todo tolemia, moita tolemia.

A entrada será gratuíta e o evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente.

isla triska espectaculo
0.19141292572021