Isabel Rodríguez destaca o Porto de Celeiro como referente da pesca

AMariñaXa
A subdelegada do Goberno estivo no acto para conmemorar os 100 anos da Confraría de Pescadores de Celeiro
porto-celeiro
20 Nov 2024

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou o compromiso do Goberno co sector pesqueiro durante o acto conmemorativo do centenario da Confraría de Pescadores ‘Santiago Apóstolo’ de Celeiro. No marco desta celebración, que subliña a rica tradición pesqueira e o patrimonio marítimo deste emblemático porto galego, a subdelegada puxo en valor o apoio continuo do Goberno a unha industria chave para o desenvolvemento económico e social de Galicia.

A subdelegada sinalou que “o sector pesqueiro non só forma parte da nosa historia, senón que é un piar fundamental do noso presente e futuro. Este Goberno está á beira dos pescadores, apostando por unha actividade moderna, sostible e competitiva que asegure o emprego e o benestar de miles de familias en Galicia”.

Neste sentido, destacou a recente convocatoria do PERTE Mar-Industria, cun investimento inicial de 20 millóns de euros no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, destinado a impulsar a renovación e modernización da frota pesqueira con barcos máis seguros, eficientes e sostibles, avanzando na descarbonización da industria. Ademais, lembrou que Galicia é a comunidade autónoma que máis fondos recibe do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA), cun total de 366 millóns de euros.

O PORTO DE CELEIRO, UN REFERENTE NACIONAL

A subdelegada destacou o papel do porto de Celeiro como un exemplo da visión que o Goberno defende: “Unha actividade pesqueira que conxuga tradición e modernidade, protexendo o noso patrimonio marítimo e fomentando a competitividade do sector”.

No acto, que incluíu a inauguración dunha exposición conmemorativa permanente e a presentación dun mareógrafo, un dos poucos existentes en España, a subdelegada subliñou a importancia da innovación e a sustentabilidade para garantir o futuro da pesca en Galicia.

“Estamos a traballar nun diálogo constante co sector, buscando solucións conxuntas aos desafíos dunha industria que xera máis do 50% do emprego marítimo-pesqueiro de España. Celeiro é un exemplo de como tradición e innovación poden camiñar xuntas, asegurando o futuro dunha actividade que foi, é e seguirá sendo vital para a nosa sociedade”, concluíu.

O centenario da Confraría de Pescadores ‘Santiago Apóstolo’ de Celeiro celébrase cunha serie de actividades que resaltan a importancia do patrimonio marítimo da localidade, incluíndo unha exposición permanente que percorre un século de historia pesqueira. Estas iniciativas non só poñen en valor a riqueza cultural e gastronómica da comarca, senón que tamén reforzan o vínculo da comunidade co mar, consolidando a Celeiro como un referente da pesca en Galicia e en España.

CARMELA LÓPEZ MORENO

A Deputada Carmela López Moreno participou na inauguración da exposición Celeiro: 100 anos de tradición pesqueira, acto central do centenario da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol. Destacou a súa importancia para preservar a memoria histórica e recoñecer o esforzo das xeracións que converteron o porto de Celeiro nun referente
pesqueiro.

Puxo en valor o rico patrimonio mariñeiro e cultural da comarca da Mariña, facendo fincapé “que esta exposición é unha oportunidade para recoñecer o esforzo e a dedicación das persoas que ao longo de cen anos contribuíron ao crecemento e consolidación do porto celeirense”.

A mostra, situada na sede da confraría, inclúe maquetas de barcos, fotografías, vídeos
históricos, pinturas dos patróns maiores e obxectos singulares como a acta fundacional e
maquinaria antiga. A visita complétase cun percorrido por espazos emblemáticos como a lonxa e o porto. Os actos do centenario culminarán coas XXVIII Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro, un referente anual do sector.

ALFONSO VILLARES

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou na inauguración de ambas as dúas
iniciativas, destacou o labor continuado do pósito en prol do patrimonio cultural pesqueiro.

A Consellería do Mar colaborou no desenvolvemento da mostra e deste mareógrafo, a
través das axudas concedidas ao Grupo de Acción Local de Pesca (GALP) A Mariña-
Ortegal, ao abeiro do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

0.20066118240356