Isabel Aaiún actuará en Mondoñedo

AMariñaXa
As San Lucas, recoñecidas como de interese turístico galego, conservan a súa esencia como antiga feira cabalar
isabel-aaiun
15 Out 2024

Isabel Aaiún actuará en Mondoñedo o vindeiro sábado como parte do programa das San Lucas. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que esta é unha das colaboracións comprometidas polo Goberno galego coa feira das San Lucas, que se celebrará entre os días 16 e 20 na localidade.

O concerto de Isabel Aaiún terá lugar a partir das 22.00 horas na praza do Seminario e enmárcase na xira “Potra salvaje” que a levará a distintas cidades españolas durante este outono. As entradas están a venda, a un prezo reducido de 5 euros, na oficina de turismo mindoniense.

As San Lucas, recoñecidas como de interese turístico galego, conservan a súa esencia como antiga feira cabalar. Máis de mil cabalos daranse cita nas distintas actividades, especialmente na baixada polas rúas na tarde do xoves, e na Gran Feira de Gando Cabalar do venres. Acollerán tamén concursos morfolóxicos, concursos de andadura ou espectáculos de doma.

 

CONSULTA O PROGRAMA COMPLETO DAS SAN LUCAS

0.19566702842712