Isaac Ferreira presenta o seu libro no Valadouro

AMariñaXa
Terá lugar a presentación do caderno 15 do Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA)
Casa-Grande-libro
25 Xul 2024

O sábado 27 de xullo ás 20.00 horas na Casa de Cultura do Valadouro terá lugar a presentación do caderno 15 do Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA). O escritor Lionel Rexes será o encargado da presentación. A Casa Grande, de Isaac Ferreira é una colectánea de dezaoito relatos de altísima calidade literaria que veñen enriquecer a serie de cadernos que desde o inicio do colectivo publica o SEVA.

Isaac Pérez Blanco é un autor que leva o nome da vila natal no seu nome literario e que ten participado como coautor en publicacións históricas como Contos do Valadouro, Arqueoloxía do Valadouro ou o inxente traballo Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico-Artístico do Valadouro.

Por outra banda, Isaac Ferreira foi durante anos o director da Revista de Teatro Casahamlet, una histórica publicación centrada na dramaturgia onde se deron a coñecer os actuais valores de ámbito da literatura dramática e onde el mesmo deu a coñecer magníficas pezas da súa autoría.

0.10331296920776