Irene Rega Jul presenta a súa obra 'Tecendo Redes' en Viveiro
Irene Rega Jul presenta a súa obra Tecendo Redes na biblioteca da Escola de Idiomas de Viveiro. O encontro coa autora terá lugar este mércores 22 de maio a partir das 19.40 horas. A obra, gañadora do IV Premio e Novela Vilar Ponte 2022, é unha novela de intriga, que tamén esculca nas miserias da sociedade e nas vítimas dos abusos de poder, na dor do silencio e na culpa.
Verónica, a protagonista desta novela, non renuncia ao seu soño profesional, mais tampouco a vingar os feitos que marcaron a súa vida para sempre. De súpeto todo se torce, ao día seguinte de firmar o contrato e deixar as súas pertenzas no despacho que ía compartir con Bruno Agueiro, este aparece morto. A cidade érguese conmocionada coa nova do asasinato do catedrático e Verónica non tarde en se converter na principal sospeitosa. Sen dúbida tiña motivos para acabar coa súa existencia, pero non era a única.