Invisten 50.000 euros en melloras na escola de música de Ribadeo

AMariñaXa
Están actuando na metade das ventás, na accesibilidade e nos baños
melloras-escola-de-musica-ribadeo
17 Oct 2025

Ribadeo inviste 50.000 euros máis en diferentes melloras na Escola Municipal de Música e Danza.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos xestionando orzamento e seguimos mellorando os edificios municipais. Neste caso, actuamos na Escola de Música. É a segunda inversión que facemos neste edificio, dado que na primeira inversión que se fixo, melloramos o 50 % das ventás, tamén compramos material para todos os alumnos e alumnas da Escola de Música e actuamos na eficiencia enerxética”.

O rexedor subliñou que “na segunda inversión que facemos o que estamos é mellorando o outro 50 % das ventás, polo tanto agora queda todo o peche do edificio da Escola Municipal arranxado con esa eficiencia enerxética que temos que acreditar e tamén melloramos as portas de acceso. Estamos actuando na mellora da accesibilidade e todo o entorno dos baños. Aquí estamos facendo toda a mellora da fontanería, da eficiencia enerxética e procedendo á eliminación das barreiras arquitectónicas”.

Vega dixo: “estamos a falar dunha inversión de 50.000 euros que o que supón é dar xa practicamente un salto moi cualitativo e cuantitativo na mellora da Escola Municipal de Música. Quedan cousas para facer. Estamos traballando no sistema de calefacción, era unha calefacción de tempos moi pasados, agora xa non funciona, e polo tanto temos que tomar unha decisión. Estamos xestionando ese orzamento e en breve eu creo que vai haber unha boa noticia”.

O alcalde indicou: “é un edificio onde hai máis de 400 alumnos, onde hai un inmoble dedicado á ensinanza e neste caso ter a maior Escola Municipal de toda a provincia de Lugo, eu creo que é moi importante investir tamén na súa mellora”.

⚙ Configurar cookies
0.068382978439331