Investigado un veciño de Foz por uns danos no centro de saúde

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño da localidade de Foz (Lugo), de 47 anos de idade, coma suposto autor dun delicto de danos acontecidos no centro de saúde de Foz.
20 Out 2019

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño da localidade de Foz (Lugo), de 47 anos de idade, coma suposto autor dun delicto de danos acontecidos no centro de saúde de Foz.

Os feitos delictivos tiveron lugar durante a madrugada do pasado día 18 de xuño, no que se produciron diversos danos no centro de saúde da localidade focense consistentes en danos na porta e espello dunha ambulancia e na porta de acceso ás caldeiras do edificio.

A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

0.18572807312012