Investidos máis de 350.000 euros en melloras de pantaláns da mariña
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu entre 2016 e 2018 máis de 350.000 euros en actuacións de mellora de instalacións de amarre, pantaláns e fingers nos peiraos de titularidade autonómica da Mariña lucense. Así o comunicou esta mañá o presidente de Portos de Galicia nunha visita ao porto do Vicedo, un dos peiraos beneficiarios deste programa de actuacións.
Durán Hermida explicou que Portos de Galicia vén de executar ao longo dos últimos tres anos preto dunha trintena de actuacións de reforzo, mellora e reparación de pantaláns en peiraos de titularidade autonómica da provincia lucense. En concreto, realizáronse melloras nos portos do Vicedo, Morás, Ribadeo, San Cibrao, Burela, Foz, Celeiro e Viveiro.
Entre as actuacións executadas destacan a dotación dun novo pantalán para baixura en Burela e Morás, con máis de 100.000 euros de investimento; a reparación do pantalán número 2 de Ribadeo, con 16.000 euros; a ordenación de fondeos de San Cibrao, con 17.000 euros investidos; as tarefas de conservación do pantalán de Porto Chico, en Foz, con 16.000 euros; e a dotación de madeira sintética nos pantaláns de Celeiro-Viveiro, con 20.000 euros. Así mesmo, investíronse 40.000 euros en reparacións dos danos ocasionados nos pantaláns polos sucesivos temporais do inverno.
O presidente de Portos lembrou que estas actuacións dan resposta ás necesidades que se presentaban neste tipo de infraestruturas en canto á súa reparación e mantemento. Así mesmo, “veñen a mellorar as condicións de traballo, operatividade e seguridade dos usuarios dos portos dependentes da Xunta, unha das nosas liñas estratéxicas de traballo”, concluíu.