Instálanse dúas pantallas en Cervo para reforzar a información cultural e turística do municipio

AMariñaXa
Os tótems publicitarios supuxeron un investimento de 15.000 euros procedementos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
instalación-de-pantallas-en-Cervo
15 Xul 2024

O Concello de Cervo vén de poñer en funcionamento dúas pantallas interactivas que foron instaladas na Praza dos Campos, en San Ciprián, e na Praza do Souto, en Cervo, como lugares máis céntricos dos núcleos de poboación.

Os tótems publicitarios supuxeron un investimento de 15.000 euros procedementos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, dos Fondos NextGenerationEU.

Tal e como explicou a rexedora, Dolores García Caramés, con estas pantallas "pretendemos reforzar a información cultural e turística do noso municipio a través dun sistema de sinalización eficaz que facilita a identificación e a accesibilidade aos recursos que temos no concello, e contribúen a resolver as necesidades orientativas e tamén informativas, dos visitantes, e tamén da veciñanza, son instrumentos moi útiles e sinxelos que axudan a realizar, pois, unha visita o máis agradable, ociosa, educativa e autónoma posible a través dunha comunicación interactiva”.

Estes tótems son ademais un reforzo informativo a toda a rede comunicativa que temos activa no Concello, que se suma ás diferentes redes sociais municipais, á cartelería e a páxina web que se actualizan cada día con todos os contidos informativos e de interese para a veciñanza.

0.13902902603149