Instalan puntos de recollida de tapóns e roupa en Foz
O Concello de Foz vén de instalar puntos de recollida en distintos lugares da localidade de roupa e calzado por una banda e de tapóns pola outra.
Así, catro deles estarán dirixido á recollida de roupa e calzado fóra de uso para a súa reciclaxe. Os interesados en utilizados deberán deixar os artículos en bolsas pechadas.
Estes novos contedores están situados nas avenidas de Viveiro, Álvaro Cunqueiro, Sarria e na rúa Valle Inclán.
Ademais, tamén instalaron cinco puntos para a recollida selectiva de tapóns plásticos, co que se promove o seu uso solidario, xa que todos os recollidos serán entregados á Asociación de pais, nais e titores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo (Aspnais).
Os contedores están situados no exterior da casada cultura, Casa da Xuventude, Cenima, centro social e casa consistorial.
Esta foi unha iniciativa de Foz, Plataforma de Futuro, que a delegación de medio ambiente focense aceptou.