Instalan 500 trampas en Ribadeo contra a vespa velutina

AMariñaXa
A Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Medio Rural de Viveiro informan de que 1113 posibles raíñas de vespa velutina foron capturadas grazas ás 500 trampas instaladas dende o pasado día 12 de marzo.
viveiro_velutina
1 Maio 2024

A Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Medio Rural de Viveiro informan de que 1113 posibles raíñas de vespa velutina foron capturadas grazas ás 500 trampas instaladas dende o pasado día 12 de marzo. Estes 1113 exemplares foron capturados en dúas reposicións das trampas, localizadas en 450 puntos distintos, e a finais desta semana estará rematada unha terceira reposición.

“A comparativa cos datos de anos anteriores permite esperar que o número de niños nesta tempada será baixo”, explica o concelleiro de Medio Rural, Ramón Martínez. Grazas á aplicación do trampeo, “agardamos ao redor de 200 niños, mentres que en anos anteriores, sen trampeo, tiñamos que retirar entre 800 e máis de 1000”, sinala Martínez.

O concelleiro afirma que dende o Concello de Viveiro seguirán “actuando nesta liña para reducir ao máximo os prexuízos causados pola vespa velutina no noso municipio”.

0.19032287597656