Instalados balizamentos e barreiras de seguridade na estrada que une Escourido coa praia de Abrela
AMariñaXa
O Concello de Viveiro instalou varios balizamentos e barreiras de seguridade na estrada que une Escourido coa praia de Abrela.
9 Xuño 2023
O Concello de Viveiro instalou nos últimos días varios balizamentos e barreiras de seguridade na estrada que une Escourido coa praia de Abrela. Estes elementos foron instalados nunha lonxitude de 92 metros da estrada, na súa marxe dereita, en dirección á praia de Abrela.
A instalación realizouse coa fin de garantir a seguridade viaria nesta zona pois na época estival é unha estrada moi concurrida polos turistas que adoitan visitar a prais vicedense de Abrela.