Instalada unha varanda de protección nas avenidas de Lugo e de Galicia, no núcleo de Cervo

AMariñaXa
O Concello de Cervo instalou unha varanda de protección que afecta á avenida de Lugo e á avenida Galicia, no núcleo de Cervo
230323 varanda seguridade Cervo
23 Mar 2023

O Concello de Cervo vén de instalar unha varanda de protección que afecta á avenida de Lugo e á avenida Galicia, no núcleo de Cervo “co fin de mellorar a seguridade dos peóns nestas zona na que existen desniveis”.

O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, supervisaron a actuación que supón un investimento de 7000 euros, procedentes das arcas municipais.

Tal e como apuntou Villares “con este sistema de protección damos resposta ás demandas veciñais, evitando riscos de caída na zona, dotándoa ademais dunha imaxe máis estética, integrada e harmoniosa”.

Trátase dunha actuación –engadiu- que vai na liña que vimos marcando desde o equipo de goberno para ir facendo pouco a pouco  “as nosas vilas máis seguras, humanizadas e adaptadas ao peón”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16107702255249