Instalada nova iluminación no porto comercial de Ribadeo

AMariñaXa
Portos de Galicia rematou xa a metade das obras que se realizarán co investimento de 550.000 euros destinado ao Porto de Ribadeo.
28 Dec 2023

Concello de Ribadeo e Xunta instalan nova iluminación no porto comercial de Ribadeo. O alcalde, Dani Vega, declarou que “seguimos xestionando orzamento, seguimos colaborando con todas as administracións, que é a nosa obriga: xestionar orzamento para Ribadeo e abrir as portas a ese traballo conxunto con todas as administracións”.

O rexedor explicou que “neste caso falamos da Xunta de Galicia e das melloras significativas que vai ter o porto, esa zona comercial que era carente de luz e dende logo nosoutros cando estábamos na oposición xa o reivindicábamos. Empezamos a traballar con Portos de Galicia para que fora posible a colocación de novas luminarias, concretamente de 13 novos puntos de luz, e aquí a mellora lumínica evidentemente é significativa”.

Vega indicou que “este traballo, que ten un orzamento de preto de 50.000 euros, foi grazas a unha reivindicación por parte de Ribadeo e a Xunta de Galicia entendeu que había que facer este investimento tan importante e que tamén reclamaban moitos veciños que camiñan pola zona portuaria. Había unha carencia lumínica moi importante, polo que nosoutros entendíamos que había que facer esta mellora. Xa a fixemos e agora nos próximos días se dará luz a toda esa zona”.

0.098961114883423