Inquietude veciñal en Bordón e Tiagonce pola falta de iluminación

A veciñanza dos núcleos de Bordón e Tiagonce, no termo municipal de Lourenzá, manifesta a súa preocupación pola escasa iluminación pública que afecta estas zonas, o que xera sensación de inseguridade nas noites e dificulta a vida cotiá. Ademais, sinalan a presenza de árbores que medran moi preto das casas, unha situación que consideran perigosa, especialmente en época de seca, ao poder favorecer incendios ou outros incidentes.
Os residentes insisten en que a súa demanda non ten cor política e non vai dirixida contra ningunha persoa nin formación, senón que busca un trato equitativo para todos os barrios do concello. “Non queremos confrontacións, só pedimos que se atendan estas cuestións básicas que afectan á nosa seguridade e calidade de vida”, explican. Dende os barrios reclaman unha actuación urxente para mellorar os servizos e previr riscos innecesarios.