Industria pide a Alcoa que explique o seu plan industrial e que garanta investimentos e emprego

AMariñaXa
O Ministerio de Industria pide a Alcoa que explique o seu plan industrial e que garanta investimentos e emprego
10 Dec 2021

Nunha reunión de traballo entre o Goberno, Xunta de Galicia e sindicatos para analizar a última proposta de Alcoa, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo pediu á empresa que explique e detalle o plan industrial para a planta de San Ciprián, garantindo os investimentos e o emprego, incluído o das empresas auxiliares, así como a subministración aos provedores para garantir a carteira de clientes.

O Ministerio de Industria explicou que nestes momentos conta con instrumentos relacionados coa enerxía para que o custo enerxético sexa competitivo para Alcoa. En concreto, as axudas ao CO2, as compensacións dos cargos enerxéticos e a posibilidade dos contratos bilaterais. O obxectivo do Ministerio é que a comarca da Mariña convértase no polo de aluminio máis importante de España.

Para o Goberno, hai unha oportunidade para que a planta de San Ciprián manteñan as súas capacidades industriais e sexa competitiva. Para iso, o Goberno comprométese a ofrecer todos os instrumentos de política industria e enerxética necesarios para modernizar o complexo de San Ciprian e garantir a súa competitividade, todo iso no marco da normativa europea. E pide unidade de acción entre Administracións, sindicatos e traballadores.

O Ministerio de Industria comprométese a convocar a Mesa Industrial de Alcoa e hoxe mesmo poñerase en contacto con Alcoa para trasladarlle a disposición de todas as partes de iniciar unha negociación con Alcoa para garantir o futuro do complexo industrial de San Cibrao.

PLATAFORMA

A plataforma coordinadora de auxiliares realizou un Pleno o pasado día 7 debido ao recente anuncio de Alcoa de continuar coa súa intención de paradas de cubas. Ademais convocan unha mesa industrial na maior brevedade posible.

"Como primeiro punto queremos agradecer ao comité de Alcoa e os sindicatos que se manteñan nas dúa liñas vermellas que sempre tivemos todos dende o principio da problemática, aplaudimos e apoiamos que as cubas non se paran e que ningunha saída pode ser posible se non se contempla aos traballadores das auxiliares, que tamén somos a todos os efectos traballadores da fábrica ao igual que os compañeiros da principal", din dende a plataforma.

Así, queren facer unha chamada a todos os compañeiros das auxiliares a participar e apoiar as mobilizacións e accións convocadas para a defensa da factoría, "Alcoa somos todos e debemos de demostralo nas rúas", engaden.

Por último, quixeron facer unha reseña a loita que as compañeiras de JOFRASA xa que "están estes dias cunha folga indefinida para conseguir un salario digno. Xa que o soldo dunha muller non é un complemento salarial o soldo do home, tal e como lles chegou a decir a dirección da empresa", remataron.

En pleno 2021 xa case 2022, é inaceptable a diferenciación salarial entre homes e mulleres nun mesma empresa realizando traballos nunha mesma factoría.

Queremos recordar que está en marcha unha caixa de resistencia para axudar a paliar, na medida do posible, a pérdida económica que están a sufrir, e animamos a todos os traballadores/as veciños/as a participar na caixa.

0.16138291358948