Indalecio Seijo Jordán será o novo presidente Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

TerraChaXa | AMariñaXa
Indalecio Seijo Jordán será o novo presidente Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao que substituirá no cargo a José Manuel Vilariño Anca.
22 Nov 2020

O Consello da Xunta analizou un informe da Consellería do Mar no que se propón o nomeamento de novos presidentes nas autoridades portuarias da Coruña, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Ferrol-San Cibrao. Trátase dunha designación que se produce froito da potestade que a normativa lle outorga neste ámbito ao departamento autonómico con competencias en materia portuaria.

En canto á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, o seu novo presidente será Indalecio Seijo Jordán, que substituirá no cargo a José Manuel Vilariño Anca. Indalecio Seijo, nado en Ferrol en 1963, é oficial da Armada desde o ano 1987 e enxeñeiro naval desde 1997. Na actualidade exerce de capitán de navío e de subdirector do Canal de Experiencias Hidrodinámicas do Pardo en Madrid.

O novo presidente da Autoridade Portuaria da Coruña será Martín Fernández Prado, que substituirá no cargo a Enrique Losada. Martín Fernández Prado, nado en Lugo en 1966, é doutor en Arquitectura, concelleiro no Concello da Coruña e deputado e presidente da Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia. Anteriormente ocupou distintos cargos no eido institucional.

No caso da Autoridade Portuaria de Vigo, o seu novo presidente será Jesús Vazquez Almuíña, que ocupará o lugar de Enrique López Veiga. Jesús Vázquez Almuíña, nado en Baiona en 1962, é licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral e especialista en Medicina Familiar e Comunitaria así como deputado e presidente da Comisión Segunda de Infraestruturas e Medio Ambiente do Parlamento de Galicia. Entre 2015 e 2020 foi conselleiro de Sanidade no Executivo galego.

O novo presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa será José Manuel Cores Tourís, que asumirá o posto en lugar de Sagrario Franco Malvar. José Manuel Cores Tourís, nado en Cambados en 1958, ocupou distintos postos institucionais desde 1987 e actualmente é deputado do Parlamento de Galicia. Foi delegado territorial da Xunta en Pontevedra entre os anos 2009 e 2020.

Estes cambios sairán publicados nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia (DOG) e posteriormente no Boletín Oficial do Estado (BOE) facéndose efectivos ao día seguinte da súa publicación no BOE.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17475509643555