Incrementa en 3.294 horas o Servizo de Axuda no Fogar de Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Viveiro viu reforzado o Servizo de Axuda no Fogar con 3.
17 Apr 2020

Viveiro viu reforzado o Servizo de Axuda no Fogar con 3.294 horas máis ao mes (totalizan 8.380) esta prestación para a atención das persoas con necesidades asistenciais. O portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, indica que a Consellería de Política Social financia estas horas extraordinarias para poder atender a máis persoas que podan precisar deste servizo como consecuencia da pandemia xerada polo coronavirus.

O portavoz popular en Viveiro recorda que, por decisión da Xunta, esta medida estará vixente mentres se manteña a situación de emerxencia sanitaria e de estado de alarma. Terán prioridade os casos máis urxentes detectados polos servizos sociais municipais. Tamén se terán en conta aquelas persoas cunha solicitude de dependencia rexistrada e pendente de ser valorada.

Rodríguez destaca que a  Xunta asume o importe íntegro desta nova prestación, que non suporá gasto para o usuario, destinando para elo un investimento de 6 millóns de euros ao mes no conxunto da comunidade. O portavoz municipal do PP considera que esta medida deixa claro que para a Xunta á atención as persoas é absolutamente prioritaria nunha situación como a actual.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17498898506165