Inaugurouse en Rinlo o Percebe Solidario

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O voceiro do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Dani Vega, participou na inauguración do Percebe Solidario de Rinlo, impulsada polo Asociación Veciñal O Cantal.
lanzos
31 Xul 2020

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Dani Vega, participou na inauguración do Percebe Solidario de Rinlo, impulsada polo Asociación Veciñal O Cantal.

Trátase dunha homenaxe a este produto típico desta localidade ribadense e servirá como punto de recollida de tapóns de plástico con fins solidarios.

Así, pon en valor o traballo do colectivo veciñal co que dende a administración autonómica se seguirá colaborando, xa que, ademais, esta iniciativa será tamén un reclamo para os visitantes e, por tanto, un elemento máis para a promoción turística da localidade e de todo o pobo de Ribadeo.

0.154620885849