Inaugúrase a exposición do escultor Eduardo Rodríguez Osorio esta tarde no Forte de San Damián
Do 14 de xuño ao 17 de agosto poderase visitar no Forte de San Damián de Ribadeo a exposición do escultor Eduardo Rodríguez Osorio. A mostra, que será inaugurada 19.00 horas, foi presentada no salón de plenos do Concello.
Nese acto Mily Osorio anunciou que “este próximo venres, día 14, ás 19.00 horas, inauguramos a exposición de escultura Unha Viaxe non Tempo a través dá Arte do escultor lucense Eduardo Rodríguez Osorio, nun lugar máxico como é o Forte de San Damián, coincidindo co 400 aniversario”.
A filla do escultor lugués subliñou que “é unha exposición moi especial, vai ser a primeira do escultor nesta vila. Tivo un nexo, unha comuñón especial con Ribadeo, xa que el estivo como profesor no Instituto Gamallo Ferros do ano 1955 ao ano 1963. E neses anos modeló os retratos do Vello Pancho, de Dionisio Gamallo, do escritor Daniel Cortezón, do pintor Amando Suárez Couto, ademais doutras esculturas, algunhas delas que foron premios de escultura. Esperamos que os ribadenses gocen do seu patrimonio histórico, da historia que lle rodea, e aos que estades todos benvidos, que o celebramos con moitísima ilusión”.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, convida “a ribadenses e visitantes a achegarse durante estes dous meses ata o Forte de San Damián, que cumpre 400 anos, a gozar desta mostra escultórica e dun espazo tan singular coma este”.
Na presentación da mostra Unha Viaxe no Tempo a través da Arte participaron o alcalde, Daniel Vega, a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, e Mily Osorio, a filla de Eduardo Rodríguez Osorio.