Inauguran unha mostra coas pinturas de Costafreda en Cervo
AMariñaXa
A inauguración será este venres 12 de xullo ás 19.00 horas e poderase visita ata o 15 de agosto
9 Xul 2024
Este verán contarán cunha nova exposición de pintura na Sala das Carboeiras, en Sargadelos Da Cora o Xexto, Pinturas e Tintas Costafreda. A inauguración será este venres 12 de xullo ás 19.00 horas e poderase visita ata o 15 de agosto. Trátase dunha exposición de pintura composta por uns 60 cadros de diferente formato incluíndo acrílicos, sumi-é tradicional e técnicas mixtas en tinta.
Como actividade complementaria a artista tamén impartirá un taller intensivo de pintura Zen SUMI-É, promovido polo Concello de Cervo. Será o venres, 26 de xullo e o 2 de agosto, de 19.00 a 21.00 horas. A inscrición é gratuíta na Casa da Cultura, no 982 595 157.