Inauguran en Vegadeo unha mostra de Juan Falcón García

AMariñaXa
Os interesados poderán visitar a mostra ata o vindeiro día 8 de novembro
mostra-Juan-Falcón-García-vegadeo
12 Out 2024
Inauguran na sala de exposicións Luis Fraga, na Casa da Cultura de Vegadeo, a mostra Un mundo simbólico de Juan Falcón García. Os interesados poderán visitar a mostra ata o vindeiro día 8 de novembro de luns a venres de 15.00 a 21.00 horas.  Juan Falcón García (Oviedo, 1985) é un dos artistas posicionados nas primeiras liñas da nova arte asturiana. Comezou a súa formación artística na Escola de Arte de Oviedo onde se titulou como Técnico Superior en Gravado e Técnicas de Estampaxe (2008).

A participación de Juan en diversas feiras e mostras, individuais e colectivas, dan unha perspectiva clara do seu interese na investigación material, formal e simbólica como un todo en interacción. "Estraña perspectiva" é a culminación destes avances. Os avances e achegas deste artista foron recoñecidos no ámbito estatal e no circuíto rexional, a través do XIV Certame Fundación Unicaja de Artes Plásticas, ou mediante premios como o que o Valey, Centro Cultural de Castrillón, outorgoulle dentro do marco de produción de proxectos expositivos.

0.19673109054565