Inauguran en Cervo unha mostra de pintura de Blanca Dacal

AMariñaXa
O Concello de Cervo inaugura a exposición de pintura Espazos habitados de Blanca Dacal que se pode visitar na sala de mostras da Casa da Cultura
Espazos-habitados-de-Blanca-Dacal
6 Ago 2024

O Concello de Cervo inaugura a exposición de pintura Espazos habitados de Blanca Dacal que se pode visitar na sala de mostras da Casa da Cultura, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Espazos habitados é o título elixido para a exposición que é unha viaxe de 25 anos a través da cor polos lugares non que viviu, sentiu e desenvolveu a autora a súa obra pictórica: A Alcarria, Madrid, Cádiz, Bos Aires, A Coruña, Xixón e San Ciprián.

Son cadros que resistindo a 15 mudanzas e distintas localizacións mantivéronse decorando e creando espazos. Estas pinturas son testemuñas, compañeiras, reflexos de miradas, paseos, sonos, achados, partícipes de familia, amigas, amigos, vínculos, chanzos e moitas veces só presenza de espazos.

0.19452404975891