Inauguran en Cervo a mostra Photo Xuntanza, na que participan catro asociacións
Cervo inaugurou a mostra Photo Xuntanza, unha exposición colectiva na que participan catro asociacións e o recoñecido fotógrafo Vicente Ansola. A mostra poderase visitar os sábados e domingos de 16.00 a 20.00 horas, ata o 16 de xuño.
O prestixioso fotógrafo cántabro posúe varios premios de carácter internacional. Un conxunto de 70 fotos forman esta mostra de temática e técnica e moi variada que non deixará indiferente a ninguén.
Na mostra colectiva participan, Fotonavia, asociación creada en Navia; Os Potiños, grupo de Carballiño, Grupo Asemeya de Xixón, Asociación Os Negativos de Viveiro e Vicente Ansola, como convidado especial.
Como actividade complementaria da man da asociación Os Negativos de Viveiro, vaise impartir un curso gratuíto de fotografía o 25 de maio e o 1 de xuño, en horario de tarde. As persoas interesadas poden recibir máis información e inscribirse neste taller nos teléfonos 649 037 300 ou 647 568 383.