Inauguran a XXII Feira de Produtos Artesanais e Ecolóxicos en Burela

AMariñaXa
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou na inauguración da XXII Feira de Produtos Artesanais e Ecolóxicos (Produart), que se celebra en Burela ata o 4 de agosto, e que, nesta edición contou coa presentación do libro Para Bonito, Eu do autor Julio lópez Quiroga.
inauguracion-produart
3 Ago 2024

O representante da Consellería do Mar puxo en valor o papel deste evento, organizado pola Fundación Expomar e co que colabora a Xunta, na promoción de produtos de artesanía alimentaria; nicho de mercado no que A Mariña e Galicia teñen moitas posibilidades. Antonio Basanta salientou así a importancia desta plataforma de exposición comercial- feiral que intenta poñer en contacto a produtores, comerciantes e consumidores que apoien o desenvolvemento dos recursos desta zona marítima e doutras colindantes, desde a sustentabilidade e da conservación do medio.

O encontro é fiel ao reflexo destes valores, así como dos recursos pesqueiros, tradicional artesanal e patrimonio cultural. Ten unha superficie de 2.500 metros cadrados, no que están representados 55 expositores, 12 máis que o ano anterior, nacionais e internacionais. Na última edición, a feira foi visitada por unhas 6.000 persoas.

0.18962287902832