Inauguran a biblioteca da Escola de Idiomas Luz Pozo Garza en Viveiro
Viveiro celebrou a inauguración da biblioteca da Escola de Idiomas Luz Pozo Garza. A cerimonia foi presidida por Ana Díaz, responsable da biblioteca, xunto a Rocío Gayoso, directora da Escola de Idiomas, nun evento que atraeu a numerosos membros da comunidade.
Ana Díaz subliñou a importancia desta nova biblioteca como un recurso esencial para os estudantes e a comunidade en xeral. "Estamos encantados de abrir este espazo que é un centro de coñecemento e inspiración, onde as palabras cobran vida e as mentes exploran novos mundos, e máis aquí, en novos idiomas" declarou. biblioteca será “un piar fundamental na nosa misión de promover a aprendizaxe de idiomas e a cultura”, engadiu Rocío Gayoso.
Despois da inauguración, a recoñecida autora Irene Rega Jul presentou o seu libro Tecendo Redes, ofrecendo unha charla que cativou aos asistentes. A autora compartiu detalles sobre a súa obra, creando un ambiente de diálogo e reflexión. A xornada continuou con sorteos entre os presentes, e todos recibiron agasallos conmemorativos. Os asistentes tamén gozaron dun aperitivo que lles permitiu socializar e celebrar a apertura da nova biblioteca.
Os convidados tiveron a oportunidade de explorar o novos mobiliario e espazos, que inclúen novas seccións temáticas, unha ampliada colección de fondos bibliográficos, e os últimos dispositivos tecnolóxicos destinados a mellorar a experiencia dos usuarios. Estas melloras reflicten o compromiso da biblioteca coa innovación e a accesibilidade.
A Biblioteca da Escola de Idiomas Luz Pozo Garza de Viveiro creou durante este curso varias actividades dinámicas que favoreceu a unión entre a comunidade educativa. Para máis información sobre os servizos e eventos da biblioteca, os interesados poden visitar a páxina web ou seguir as redes sociais.