Impulsan un ciclo de cine na rúa en Vegadeo
AMariñaXa
A Asociación de Comerciantes de Vegadeo (ASCOVE) e o Concello de Vegadeo organizan o ciclo de verán

14 Jul 2024
Un ano máis, a Asociación de Comerciantes de Vegadeo (ASCOVE) e o Concello de Vegadeo impulsan un ciclo de cine de verán na rúa que se celebrará os martes 23 e 30 de xullo e 6 e 13 de agosto. As sesións, dirixidas a un público familiar, poderanse desfrutar a partir das 22.15 horas, na Praza do Concello, con asistencia libre e gratuíta.
Os asistentes poderán gozar dos filmes Spiderman. Cruzando el Multiverso o día 23, Cazafantmas Más Allá o 30, Aventuras de una Kraken Adolescente o 6 de agosto e Lilo mi amigo el cocodrilo o 13.