Imparten un curso sobre o acoso escolar e o ciberacoso en Riotorto

O colectivo Afammer e o Grupo Forma-T desenvolverán o día 25 de setembro, mércores, en Riotorto unha xornada contra o acoso escolar e o ciberacaso.
Esta sesión impartirase na casa do concello de Riotorto de 16.00 a 22.00 horas. O obxectivo do mesmo é identificar e previr o acoso escolar e ciberacoso, aprendendo as ferramentas necesarias para recoñecer e actuar ante estas situacións no entorno escolar e dixital.
Esta iniciativa forma parte do Plan Corresponsables e está financiada polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España, a través da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.