Imparten un curso sobre gandería de leite en Xermade, Muras e Ourol

TerraChaXa | AMariñaXa
Está a cargo da ONG Ecos do Sur e a inscrición pecha o luns 16 de setembro
formacion-gandaria-de-leite
14 sep 2024

A ONG Ecos do Sur ofrecerá unha formación gratuíta en Gandería de Leite que inclúe prácticas en granxas. A maioría dos participantes da anterior edición xa están desenvolvendo un proxecto de vida no rural.

O curso, que se localiza en  Xermade, Muras e Ourol conta con aloxamento, manutención e traslados incluídos.

Este curso desenvolverase desde o 23 de setembro ata finais de decembro e os que desexen anotarse deberán facelo antes do 16 de setembro a través deste enlace.

É un proxecto financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

0.072665929794312