Illas máxicas

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
Achégate á música clásica da man de Rebeca Maseda, que narra dende preto, historia, cultura e paixón por esta arte.
Rebeca maseda
7 Aug 2021

Por Rebeca Maseda

As illas sempre me produciron unha gran fascinación, a idea do illamento, da incomunicación, sentir que estás rodeado de auga e, dalgún xeito, lonxe da civilización. Son lugares que desprenden maxia e exotismo, e por suposto, beleza. Lóxicamente estou a pensar en illas pequenas, trociños de terra perdidos no medio do océano. 

Hai uns días estiven de visita pola zona de Nigrán, unha fermosa vila da provincia de Pontevedra, en plenas Rías Baixas. Baños mornos en Panxón, cea en Baiona, paseos á beira do mar ao longo da baía e subida a Monteferro, un lugar realmente especial. Esta lingua de terra e rocha elévase uns 147 metros sobre o mar e posúe unha gran riqueza mineral de ferro, de ahí a súa denominación. No seu punto máis alto atópase o Monumento da Marina Universal, obra do escultor vigués Manuel Gómez Román creada en 1903 e inaugurada posteriormente durante a ditadura de Primo de Rivera en 1924.

O monolito de granito ten uns 25 metros de altura -realmente impresiona- e representa á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. Polo visto foi construído coa idea de que os navegantes que retornaban á Península foran recibidos por esta figura xigantesca e perfectamente visible dende ben lonxe. De feito nun dos laterais está gravado o seguinte texto:

«Se elevó este Monumento a la Marina Universal para que los navegantes al divisarla sientan la emoción de verse saludados por España.

Que de este granito emanen perpetuamente efluvios de amor que conforten a los solitarios viajeros de la espléndida llanura del Atlántico».

Despois de ler a segunda frase, tan poética e embriagadora, non puiden evitar sentarme para perder a vista no horizonte e deixar voar a imaxinación mentres diante dos meus ollos emerxían as Illas Estelas e, cómo non, as Illas Cíes. Nese instante pola miña cabeciña xurdían unha e outra vez as mesmas preguntas: Nalgún momento viviría alguén ahí? E se así fora, de onde virían? Sería de terras moi lonxanas? Non sei, ten algo de máxico que non se pode explicar, un hipnotismo constante...

Este sentimento era ben coñecido por F. Mendelssohn (1809-1847), afamado compositor alemán do Romanticismo, autor de “Die Hebriden”. Este xenial poema sinfónico foi composto en 1830 despois dunha visita de Don Félix polas salvaxes terras de Escocia. Alí quedou profundamente impresionado coas Illas Hébridas, un amplo arquipélago bañado polo océano Atlántico e, en concreto, coa illa de “Staffa”. Nomeada así polos vikingos, significa “illa de columnas” e fai referencia aos enormes piares de basalto que compoñen a Illa. Staffa acadou unha certa popularidade trala visita de Sir Joseph Banks a finais do século XVIII. Él e os seus compañeiros de viaxe ficaron abraiados coa beleza das xigantescas columnas de basalto, dándolle o nome de “Gruta de Fingal” á caverna marítima máis espectacular. Esta abertura de Mendelssohn é un dos primeiros exemplos de “música programática”, é dicir, o autor describe a través da linguaxe musical diferentes escenas ou imaxes: a cova, o mar, as ondas, etc.

Na fotografía podemos distinguir con claridade as Illas Estelas en primeiro plano e as Cíes detrás ao lonxe. Por outro lado, á esquerda vemos parte do Castelo de Monterreal, fortaleza do século XII ubicada no Concello de Baiona. O seu período de maior apoxeo tivo lugar entre os séculos XV e XVI, converténdose nun próspero enclave

comercial gracias ao privilexio que Xoán II de Castela outorgou a Baiona e á Coruña de ser os únicos portos galegos que podían comerciar co estranxeiro.

Xamais deixarei de sentir fascinación polas illas, por unha banda deleitarnos coa súa beleza dende terra, e por outra, disfrutar das marabillosas vistas da costa coas que nos agasallan. Todas exercen un magnetismo e hipnotismo inexplicable, incluso as imaxinarias como San Borondón...Por qué? É un enigma sen resposta.

rebeca foto de ella

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17395687103271