Illa avanza as medidas que se seguirán este Nadal

TerraChaXa | AMariñaXa
Illa avanza as medidas que se seguirán este Nadal. Fomentarase a reclusión nos fogares e una rebaixa puntual do toque de queda
Captura de pantalla 2020 09 08 a las 10.08.10
2 Dec 2020

O Ministerio de Sanidade anunciou esta tarde as principais medidas do plan para celebrar o Nadal, no que se fomentará a reclusión nos fogares. De feito, as medidas expostas por Salvador Illa explican que entre os días 23 de decembro e 6 de xaneiro non se poderá saír das comunidades autónomas agás para reunións familiares.

No que se refire a eses encontros, para os días 24 e 25 de decembro e 31 e 1 xaneiro restrínxense as reunións a 10 persoas que non superen os dous grupos de convivencia, incluídos os nenos.

Ademais inclúese atrasar o toque de queda en Noiteboa e Noitevella ata as 1.30, o peche perimetral en todo o período do Nadal, salvo para desprazamentos de familiares e achegados, e ceas e comidas de non máis de 10 persoas.

As medidas son as seguintes.

  • Peche das comunidades. Do 23 de decembro ao 6 de xaneiro, comunidades e cidades autónomas farán efectiva a limitación de entrada e saída salvo para aqueles desprazamentos que xa estaban xustificados durante o estado de alarma, así como aqueles "que sexan lugar de residencia habitual de familiares ou achegados do desprazado, cumpríndose en todo momento os límites á permanencia de grupos de persoas que sexan eficaces» en cada autonomía. Quedan exentas Canarias e Baleares
  • As reunións poderán ser de dez persoas, con nenos incluídos para as comidas e ceas do Nadal dos días 24, 25 e 31 de decembro e do 1 de xaneiro. O aconsellable é que estes encontros sexan de membros que pertenzan ao mesmo grupo de convivencia.
    Retrásase o toque de queda ata a 1.30 como moi tarde en Noiteboa e Noitevella. En ningún caso utilizarase esta ampliación horaria para desprazarse a diferentes encontros sociais
  • Non se permitirá a celebración de eventos presenciais con moito público. Suxiren celebrar cabalgatas estáticas en lugares onde se poida controlar o acceso, ademais de badaladas virtuais ou retransmisións de eventos do Nadal por televisión.
  • Os residentes de centros sociosantiario só poderán visitar un domicilio mantendo unha burbulla de convivencia estable; ao seu reingreso exponse a realización dunha proba de diagnóstico de infección activa e nos días posteriores extremaranse as medidas de vixilancia e prevención.
  • Os estudiantes deberán limitar interaccións antes do regreso ás súas casas durante dez días polo menos. Unha vez en casa, deben limitar os contactos, respectar a súa burbulla de convivencia e interactuar sobre todo ao aire libre, en lugar de en o interior.
  • A resturación e a hostalaría rexirase polas normativas autonómicas. Pídese reforzar a mensaxe de facer uso da máscara cando non se estea comendo nin bebendo e evitar comer do mesmo prato.
  • Proponse tamén compras escalonadas para evitar as grandes aglomeracións en rúas e centros comerciais, que deberán respectar o aforo previsto.
  • Promocionar que os eventos e espectáculos se realicen nas rúas.
  • Non poderán facerse eventos deportivos, ou de ser así terán que ser virtuais.
  • As celebracións relixiosas serán segundo o aforo permitido en cada comunidad e sen cantar. Sanidade aconsella evitar os cantos e substituílos por música pregrabada, e tamén as mostras físicas de devoción ou tradición (bicos, contacto sobre imaxes, esculturas, etc.), en favor doutras que non conleven risco sanitario.
  • Aumentarase a frecuencia do transporte para evitar as aglomeracións, garantindo unha adecuada ventilación e o cumprimento das medidas de prevención que inclúen non comer e facer un uso correcto da máscara.
  • Reforzar as mensaxes sobre todas as medidas de prevención incluídas as relacionadas coa ventilación e as actividades ao aire libre.
0.18585801124573