Cervo ultima os detalles da III Semana de Prevención de Incendios

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
21 Jan 2020

O Concello de Cervo ultima os preparativos para a III Semana de Prevención de Incendios que terá lugar este xoves e este venres (23 e 24 de xaneiro), na Praza do Concello e no salón de actos do consistorio.

A actividade foi presentada este mediodía polo rexedor, Alfonso Villares, o edil de Protección Civil, Alfredo Fernández, a concelleira de Educación, Dolores García Caramés, e o responsable do GES de Cervo, Mario Antuña.

Tal e como apuntou Villares, “xa lles remitimos unha carta aos diferentes centros educativos da Mariña a fin de convidalos a participar neste iniciativa didáctica, centrada nesta ocasión nos protocolos de evacuación dos centros escolares ante unha emerxencia de incendio”.

Nestas xornadas  programaranse talleres  de primeiros auxilios, instalarase  a casiña de fume para explicar aos  nenos os protocolos a seguir ante unha alerta por lume no centro, impartiranse charlas coas recomendacións a seguir en caso de incendio, proxectaranse vídeos sobre autoprotección escolar, haberá exposicións e simulacros, entre outras actividades.

A iniciativa, que en anos anteriores reuniu a máis de 700 escolares, está promovida un ano máis en colaboración coa Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB).


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17929005622864