Hugo Gorgojo, do IES Perdouro de Burela, logra o cuarto posto na Olimpíada Informática Galega

AMariñaXa
O estudante burelés destacou entre os 18 participantes de toda Galicia na competición celebrada na USC
Hugo-Gorgojo-preselccione-Ies-Perdouro-2025
17 Feb 2025

Hugo Gorgojo Basanta, estudante do IES Perdouro de Burela, acadou un destacado cuarto posto na Olimpíada Informática Galega 2025 (OIG 2025), organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coas tres universidades galegas. A competición tivo lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O certame reuniu 18 estudantes de educación secundaria, bacharelato e formación profesional de grao medio procedentes de nove centros educativos de toda Galicia. Entre os participantes houbo representación da Coruña, Vigo, Ribeira, Santiago de Compostela, Brión, Negreira, Burela, O Porriño, Redondela e Vedra.

O primeiro posto foi para David Lago Alonso, do IES Pedro Floriani de Redondela, mentres que o segundo foi para Artai Isasi Vázquez, do IES de Sar de Santiago. A participación de Hugo Gorgojo entre os mellores da competición supón un gran logro para o alumnado do IES Perdouro e para o concello de Burela.

0.16633105278015