Hoxe reabre o acceso ao Fuciño do Porco tras as reparacións
O Concello do Vicedo volve abrir hoxe o paso ao Fuciño do Porco tras permanecer pechado estes días mentres se acometían traballos de reparación debido a uns desprendementos.
O Concello lembra que non é necesario contar con reserva previa para visitar a zona xa que este sistema úsase só para os meses de xullo e agosto.
As obras que se realñizaron estaban ao cargo da empresa Caferlo e foron encargadas entre o Concello do Vicedo e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, á que pertence a baliza situada na punta do istmo.
As obras consistiron na reparación da escaleira da entrada e da contorna, onde tamén rompeu a baranda de protección. De feito estudan a posibilidade de cambiar a a escaleira de sitio para evitar os danos que se producen case todos os anos, xa que cede o terreo habitualmente.