Hoxe comezan os primeiros actos da X Festa Normanda de Foz

Foz
AMariñaXa
Hoxe pola noite comeza a X edición da Festa Normanda que está organizada pola Asociación Desembarco Normando
festa normanda foz 2016
25 Ago 2022

Hoxe pola noite comeza a X edición da Festa Normanda que está organizada pola Asociación Desembarco Normando, e que leva 10 anos á fronte desta tradicional festa de recreación histórica.

Así, despois da apertura do mercado hoxe ás 20.00 horas, mañá poderase desfrutar do resto das actividades durante todo o día como o campamento normando situado no paseo da Ribeira. Tamén haberá música e animación e o pregón oficial a cargo de Marcos Fernández na área recreativa do Bispo Santo.

Máis tarde será a representación teatral da lenda de San Gonzalo a cargo do veciños de San Mariño e José Peinó e o concerto de Monolius Dop.

Xa o sábado, repetiranse os actos festivos, e haberá outros novos como a formación das tropas normandas e combates no campamentos, un concerto na praia de Tupide, e a gran representación do ataque normando coa milagre de San Gonzalo na praia de Tupide.

Durante toda a tarde haberá demostracións de cestaría e diferentes actividades como forxa, talla de madeira, instrumentos, taller de velas, etc. Os nenos poderán desfrutar dun contacontos e de xogos populares.

Xa pola noite haberá unha exhibición de combates na zona portuaria e música e animación así como o esperado concerto de Banda Xangai. E xa á medianoite será o esperado funeral e espectáculo de malabares econ lumes e pirotecnia na praia de Tupide.

A derradeira xornada, a do domingo 28, volverán as actividades no mercado e no campamento, os obradoiro e o desembarco infantil e os xogos para nenos.

programa festa normanda foz 2022
0.19247817993164