Hoxe comezan as festas na parroquia de Vilameá, na Pontenova
AMariñaXa
A parroquia de Vilameá no Concello da Pontenova organiza hoxe e ata o domingo 7 de agosto as festas na honra de San Roque e a virxe das Neves.
5 Ago 2022
A parroquia de Vilameá no Concello da Pontenova organiza hoxe e ata o domingo 7 de agosto as festas na honra de San Roque e a virxe das Neves.
Comezará ás 22.00 horas cunha churrascada e verbena a cargo da orquestra Muralla. Para asistir á cea haberá que mercas as tarxetas na Zapatería Orli, no Rony Bar ou por teléfono no 666 746 096.
Xa o sábado será a quenda da misa solemne e acto seguido será a procesión polo pobo e a sesión vermú a cargo de Talismán que tamén amenizará a verbena da noite coa discoteca Blanco y Negro.
Na xornada do domingo 7 volverá o oficio relixioso ás 13.30 horas, a procesión e sesión vermú co dúo Estrellas.