Hoxe comeza unha nova tempada de cría da píllara das dunas en Foz polo que se prega cautela nas praias
A Concellería de Medio Ambiente de Foz lembra que a partir de hoxe comeza unha nova tempada de cría da píllara das dunas e prega extremar a súa protección.
A píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) é un dos moitos atractivos naturais do Concello, A Pillara da dunas, foi escollida como ave do ano 2019 pola SEO/Birdlife e o Concello de Foz aproveitou en outubro de 2019 a celebración do día mundial das aves , para lembrar a importancia da sua conservación.
Trátase dunha ave en serio perigo de extinción. Ten na Galiza o seu último refuxio do norte da península ibérica. Estímase que na actualidade quedan pouco máis dun cento de parellas ao longo do litoral galego. En marzo empezan a facer os primeiros niños e os últimos polos poden voar ben entrado setembro.
"Cada ano asistimos a unha perda de niños e morte de crías inaceptable. Hai praias nas que, a pesares dos incansables intentos destas aves que poden facer ata cinco postas nunha tempada, non consiguen sacar nin un polo adiante", din dende Medio Ambiente.
Tanto as dunas da Rapadoira como o espazo dunar da Pampillosa son refuxio de especial interese ornitolóxico onde aniñan, precisamente nestes días. O niño é moi discreto, consistindo unicamente nunha leve depresión na area que ás veces é ornamentada con pequenas cunchas ou restos vexetais. As praias son ecosistemas vivos, non simples contedores de area inerte. Por iso, entre o 15 de marzo e o 15 de xullo en virtude do DECRETO 9/2014, do 23 de xaneiro da Xunta de Galicia está prohibida a presenza de actividades nas praias da rapadoira e da Pampillosa que podan poñer en risco os niños como a presenza de cans nos areais. "O incumprimento das normas, por riba de danar as aves e comprometer a sua supervivencia, pode conlevar sancións po lo Seprona polo que lembramos esta prohibición e pregamos a máxima cautela neste período para protexer a esta especie en serio perigo de extinción, da que podemos seguir disfrutando no noso Concello", engaden.